top of page

· BENVIDOS A ALVARELLA ·

Estamos próximos ao Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais máis interesantes do norte galego e tamén moi perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), coas praias de Miño, Perbes e Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cadrados. Consta dun edificio concibido para un turismo de grupos, con 12 habitacións de 2-5 prazas, dúas delas adaptadas para minusválidos, con baño e calefacción. Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser unha escondite e un observatorio da natureza. O albergue non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe e de iniciación á cultura medioambiental, incorpora solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas, con aproveitamento da enerxía solar e eólica.

Existen ademáis outras zonas de uso común como a piscina, comedor, palleira, pista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espacios verdes.

Ofertamos para grupos obradoiros e actividades de educación ambiental en relación ao Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas... rotas de sendeirismo, cabalos e piragüas.

· NOVAS ·

IMG-20191022-WA0002.jpg
IMG-20191022-WA0003.jpg

Nova galería na casa

Finalizaron as obras de instalación da galería acristalada na fachada oeste da casa de Alvarella. Con esta galería gañáronse 20m2 e proporciónaselles aos clientes un recuncho especial dentro da casa.

· OS SERVIZOS DE ALVARELLA ·

Wifi

 

Wifi gratuíto en todo o recinto

Ocio

 

Diversas zonas de ocio, ping-pong, fútbol, rocódromo...

Xardín

 

Gran espazo de natureza e axardinado 

Aparcadoiro

Zona ampla e gratuíta para aparcar

Piscina

 

Aberta na tempada de verán

Mascotas

Mascotas admitidas baixo previa consulta

· LUGARES NAS CERCANÍAS DE ALVARELLA·

Nas cercanías de Alvarella podes atopar todo tipo de contrastes sen perder tanto o interese turístico como o natural. Destacan grandes cidades como poden ser as cidades de A Coruña ou Ferrol ou vilas máis pequenas como Betanzos ou Pontedeume que non perden o seu eterno encanto. Tamén podes atopar espazos naturais como a fermosa Praia de Vilarrube ou perderte na inmensidade do bosque atlántico das Fragas do Eume. Nos nosos arredores hai numerosas actividades tanto deportivas como culturais ao teu alcance. Anímate a probar!

Premios

· CALIDADE ·

Dende Alvarella intentamos promover un turismo sostible e amigable co entorno. 

Ecolabel: Dende o ano 2009 somos posuidores da ETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEA (ECOLABEL) pública e de calidade ambiental, avalada pola Unión Europea. Somos o único establecemiento hosteleiro de Galicia e primeiro albergue de España en posuir esta etiqueta. Para máis información premer neste link.

Ecotur: link

· SIGUE A  ACTIVIDADE DE ALVARELLA·

  • Facebook Alvarella
  • Twitter Alvarella
  • YouTube Alvarella
  • Instagram Alvarella

· Alvarella renova o mobiliario do comedor ·

· Alvarella coida o Medio Ambiente cuns novos equipos na cociña ·

Subvención.JPG

Alvarella ven de substituír o forno e o lavalouzas, os primeiros instalados no albergue, por  outros novos. O consumo enerxético pasa de 60.480kWh/ano dos vellos equipos a 32.670kWh/ano os novos, o que supón un aforro de 27.710kWh/ano (o 46% menos de consumo). Significa que Alvarella deixará de emitir aproximadamente 6950Kg/ano de CO2 á atmosfera.

 

WhatsApp Image 2022-09-23 at 12.46.45.jpeg
WhatsApp Image 2022-09-23 at 12.46.30.jpeg
bottom of page