top of page

Ademáis, dentro desas 12 habitacións, dúas delas son habitacións especialmente adaptadas. Teñen o baño máis amplo para poderse mover con maior facilidade e unha das camas baixas dunha das liteiras pódese retirar para ter maior espazo e desenvolverse dentro da habitación sen ningún obstáculo.

No albergue contamos con 12 habitacións con capacidade para 60 persoas. Cada unha das habitacións consta de ducha e baño propios para ter a maior privacidade e comodidade posible. Tamén teñen calefacción por chan radiante con termostato propio en cada habitación. As habitacións constan con 2 liteiras e un sofá que ten posibilidade de convertirse en sofá cama no que poden durmir  unha ou dúas persoas. Tamén teñen unha mesiña con varios taburetes e diferentes armarios e caixóns para gardar todo o que se precise.

· O EDIFICIO DIDÁCTICO ·

A nosa preocupación pola natureza e o medio ambiente levounos a que o novo edificio do albergue mantivera unha coerencia medio-ambiental e fora un edificio singular que reunise en si mesmo os principios de sostenibilidade, sen perder un chisco do encanto e sobriedade do medio rural no que se atopa inmerso. 
Os criteros ecolóxicas que seguimos nas nosas construcións son:

BIOCLIMÁTICA As construccións bioclimáticas teñen en consideración a morfoloxía do lugar, a climatoloxía e a orientación da zona na que se levantan.
•  Integrado armónicamente no medio.
•  Orientado ao Sur.
•  Considera o clima da zona.

BIOCONSTRUCCIÓN As bioconstruccións procuran empregar materiais naturais, de procedencia local, renovables, reutilizables, reciclables, ... para reducir (no posible) o impacto sobre o medio natural e posibilitar un desenvolvemento sostible.
•  Situado no lugar axeitado.
•  Aplica arquitectura solar pasiva.
•  Emprega materiais naturais.
•  Prioriza os recursos naturais.

BIOSOSTIBLE As construccións biosostibles tentan non esgotar os recursos naturais nin alterar o medio para que as xeracións futuras atopen un mundo habitable.
•  Busca a eficiencia enerxética.
•  Programa o tratamento dos resíduos.
•  Xestiona racionalmente auga e luz.

O edificio didáctico de Alvarella
bottom of page