top of page

· Camiño de Santiago ·

O Camiño Inglés a Compostela

Pola veciña parroquia de Andrade pasa  o tramo do Camiño Inglés  máis próximo a Alvarella e desde aquí  podemos visitar  unha das maís importantes mostras do patrimonio cultural relixioso vinculado ao camiño e coñecido polo Románico Eumés. As igrexas de Santiago de Pontedeume, San Miguel de Breamo, San Martiño de Andrade, San Xoan de Vilanova e xa na nosa parroquia, Santa María de Doroña. É o camiño que realizaban os peregrinos que chegaban a Galiza a través do mar desde os portos do Báltico, Países Escandinavos, Países Baixos, Flandes, norte de Francia e, sobre todo, ingleses e irlandeses. Desde os portos de Ferrol ou A Coruña comezaban a súa marcha a pé ata Santiago.

Hai dous tramos: 
Tramo de Ferrol (57 km.) : 
Transcorre por: Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Santuario da Nosa Señora do Camiño (onde se cruza co Camiño que vén de Oviedo), Betanzos, Abegondo e Bruma (Mesía) onde se une co tramo da Coruña para continuar ata Santiago.

Tramo da Coruña (68 km.) : 
Pasa polo Burgo, Cambre, unha variante, a outra por Alvedro (é a principal), Carral, Bruma (Mesía), Ordes, A Igrexa (Oroso), Sigüeiro e Santiago de Compostela.

O Camiño de Santigo pasa preto de Alvarella
bottom of page