 Casa |  Casa |
---|
 Casa |  Saliña |
---|
 Saliña |  Galería |
---|
 Hab.101 |  Hab.101 |
---|
 Hab.102 |  Hab.102 |
---|
 Hab.103 |  Hab.103 |
---|
 Hab.104 |  Hab.104 |
---|
A casa do albergue Alvarella é unha casa procedente do primeiro racionalismo arquitectónico galego proxectada nos anos 40 polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro. Restaurouse mantendo a estructura da casa inalterada para convertela nunha pousada de 4 habitacións dobres con baño privado. Tres das catro habitacións contan cunha cama de matrimonio e a cuarta conta con duas camas xemelgas. Ademáis unha das habitacións con cama de matrimonio, conta cunha pequena galería moi tranquila e soleada. Pódense atopar tamén diferentes zonas comúns como son un salón-comedor, unha saliña-biblioteca, unha galería mirador, a cociña e un porche cuberto.