top of page
· Castelo de Andrade ·
O Castelo de Andrade está situado sobre a Pena Leboreira, usábase como baluarte defensivo.
Foi construido por Fernán Pérez de Andrade “O Bo”. A Torre da Homenaxe é de planta cadrada, con vinte metros de alto e dez de ancho. O grosor dos muros é de dous metros e medio. Debeu de ter tres andares, cubertos cunha bóveda de canteiría sobre a que estaba a parte almeada. O resto do edificio adáptase á configuración do terreo e pecha un patio de armas de 140m².
Na única entrada aínda se percibe, borroso, o escudo dos Andrade. Estaba franqueada por dous torreóns prismáticos. Un pequeno foxo nos flancos sur e leste remataba a obra.
Conta a lenda que o castelo conecta por medio dun túnel subterráneo coa residencia dos Andrade en Pontedeume.

bottom of page