top of page

· CURSOS ·

Cursos albergue Alvarella

Dende a propia dirección de Alvarella, cada certo tempo, ofértanse diferentes cursos dirixidos por persoas expertas na materia e que explica todo de maneira agradable e amena. Algúns dos cursos que xa ofertamos, e que tiveron moi boa acollida, foron os de micoloxía, de hortos urbanos, de fotografía na natureza, de algas... Estate atento á nosa páxina e ás nosas RRSS para non perderte o seguinte!

· ACTIVIDADES ·

Actividade albergue Alvarella

Alvarella ten unha amplísima oferta de actividades físico-deportivas tanto para grupos como para familias (sempre baixo previa petición). No albergue Alvarella podes practicar xogos tradicionais como poden ser os zancos, os birlos, a chave, a billarda e a ra ou mesmo podes practicar tiro con arco, escalada (rocódromo ou parede natural), facer cinta plana, diferentes rotas de sendeirismo, cesteiría, xogos de orientación polo bosque de Alvarella e incluso elaborar sidra natural.

bottom of page