top of page

As instalacións de Alvarella están compostas por diferentes construccións e espazos naturais. O edificio principal é a casa rural de Alvarella, un edificio procedente do primeiro racionalismo arquitectónico galego proxectada nos anos 40 polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro. Tamén hai outras construccións anteriores á casa, que son, a palleira e o hórreo. A palleira é unha construcción que a día de hoxe se usa como unha sala de usos múltiples, tanto para celebracións como para xantares, lugar de xogos e mesmo como sala de cine, xa que conta cunha gran pantalla e un equipo de altofalantes. Como construccións novas están os dous pavillóns, donde se sitúan as habitacións familiares e o comedor. Ademáis tamén contamos cunha piscina, un campo de deportes, un amplo aparcadoiro gratuíto e diferentes zonas naturais como a extensa campa que hai diante dos pavillóns, unha gran zona plantada con froiteiras, a charca e un frondoso bosque repoboado con especies autóctonas propias do noso bosque dende tempos inmemorables. 

bottom of page