top of page

· Serra da Capelada ·

O acantilado máis alto de Europa continental, na serra da Capelada, cerca de San Andrés de Teixido. Ten 613 metros de altura sobre o nivel do mar na Garita de Herbeira, e unha pendente do 80 %. A serra da Capelada descende directamente dende a garita de Herbeira ate as augas do Océano Atlántico, nunca sucesión de cantís que se abren o intenso oleaxe. E moi frecuente ollar cabalos en estado salvaxe na estrada que atravesa a serra. Ademais conven achegarse a San Andrés de Teixido, un dos lugares mais profundamente ligado as lendas e as mitoloxías galegas, xa que” quen non vai de vivo irá de morto”.

· San Andrés de Teixido ·

San Andrés de Teixido é unha aldea pertencente ao concello de Cederia e está situada na Serra da Capelada moi perto dos acantilados. Nesta vila sitúase unha igrexia co mesmo nome, a cal é un famoso lugar de peregrinación tal e como di o dito "Vai de morto quen non foi de vivo". 

​Típico de alí é o "Pan de San Andrés" que son 5 pequenas figuiriñas feitas co miolo de pan e coloreadas, tamén hai a "Herba de namorar" que é unha herba que se da nos arredores e dise que é boa para os males de amores.

· Petroglifos ·

O concello de Vilarmaior ten a maior concentración de gravados rupestres da provincia de A Coruña, sendo ademáis unha das maiores de Galiza. Como a maioría dos petroglifos galegos, a súa cronoloxía vai dende o Neolítico Final ata a Idade do Bronce, aínda que algún deles é máis moderno.

· Igrexias e mosteiros ·

Nos arredores do albergue Alvarella hai unha gran variedade de igrexias e mosteiros de gran valor arquitectónico e cultural. Algunhas das edificacións máis interesantes son o Mosteiro de Monfero, o Mosteiro de Caaveiro, a igrexia de Santa María de Doroña, a igrexia de San Miguel de Breamo, a igrexia de San Xoán de Vilanova e a igrexia de San Martiño de Andrade.

· Río Baxoi ·

Os muiños son de carácter tradicional, pequenos e moi elementais. A súa situación adoita ser en lugares de forte pendente, o que provoca a existencia dunhas canles en altura co que a forza da auga na súa caida é maior. Son construccións de pequeno tamaño, con planta rectangular e muros de cachotería, cunha pequena fiestra situada nun lateral que serve para ilumina-la estancia. A cuberta, a dúas augas, é de lousa. 

Os muiños aproveitan a forza da auga para move-lo rodicio, poñendo en funcionamento o mecanismo que transformará o gran en fariña.

No río Baxoi, a 3km de Alvarella, podemos topar unha destas tradicionais construccións, o Muíño de Ferreñas

bottom of page