top of page
· Pontedeume ·
Vila histórica medieval na desembocadura do río Eume, con numerosos lugares de interese: o porto e o moderno paseo marítimo; a rua real porticada, por onde pasa o Camiño de Santiago; a Igrexa parroquial de Pontedeume (S. XVI); o antigo Convento de San Agustín (S. XVI); o templo románico de San Miguel (no cume da monte Breamo, que domina a vila); a Torre de Andrade, resto último do palacio destruído; e o espectacular ponte que cruza o Eume.
Río arriba adentrámonos no Val do Eume, que a día de hoxe é o Parque Natural de As Fragas de Eume.
bottom of page