· BENVIDOS A ALVARELLA ·
Estamos próximos ao Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais máis interesantes do norte galego e tamén moi perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), coas praias de Miño, Perbes e Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.
O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cadrados. Consta dun edificio concibido para un turismo de grupos, con 12 habitacións de 2-5 prazas, dúas delas adaptadas para minusválidos, con baño e calefacción. Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser unha escondite e un observatorio da natureza. O albergue non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe e de iniciación á cultura medioambiental, incorpora solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas, con aproveitamento da enerxía solar e eólica.
Existen ademáis outras zonas de uso común como a piscina, comedor, palleira, pista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espacios verdes.
Ofertamos para grupos obradoiros e actividades de educación ambiental en relación ao Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas... rotas de sendeirismo, cabalos e piragüas.
· OS SERVIZOS DE ALVARELLA ·
Wifi
Wifi gratuíto en todo o recinto
Ocio
Diversas zonas de ocio, ping-pong, fútbol, rocódromo...
Xardín
Gran espazo de natureza e axardinado
Aparcadoiro
Zona ampla e gratuíta para aparcar
Piscina
Aberta na tempada de verán
Mascotas
Mascotas admitidas baixo previa consulta
· LUGARES NAS CERCANÍAS DE ALVARELLA·
Nas cercanías de Alvarella podes atopar todo tipo de contrastes sen perder tanto o interese turístico como o natural. Destacan grandes cidades como poden ser as cidades de A Coruña ou Ferrol ou vilas máis pequenas como Betanzos ou Pontedeume que non perden o seu eterno encanto. Tamén podes atopar espazos naturais como a fermosa Praia de Vilarrube ou perderte na inmensidade do bosque atlántico das Fragas do Eume. Nos nosos arredores hai numerosas actividades tanto deportivas como culturais ao teu alcance. Anímate a probar!
· CALIDADE ·
Dende Alvarella intentamos promover un turismo sostible e amigable co entorno.
Ecolabel: Dende o ano 2009 somos posuidores da ETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEA (ECOLABEL) pública e de calidade ambiental, avalada pola Unión Europea. Somos o único establecemiento hosteleiro de Galicia e primeiro albergue de España en posuir esta etiqueta. Para máis información premer neste link.
Ecotur: link
· SIGUE A ACTIVIDADE DE ALVARELLA·
· Alvarella coida o Medio Ambiente cunha nova instalación xeotérmica ·
O albergue Alvarella, co apoio financeiro da Unión Europea a través do plan FEADER, acaba de substituír o sistema de calefacción con caldeira de gas por unha instalación con bomba de calor xeotérmica para dar servizo as necesidades de ACS e calefacción.
Grazas a esta substitución dunha enerxía convencional por unha enerxía renovable, estímase que anualmente se evitarán a emisión á atmosfera de 2.296 Kg de CO2., un dos gases principais causantes do efecto invernadoiro.
Esta medida adoptada é unha mostra máis do compromiso que Alvarella Ecoturismo ten co coidado do medio ambiente.
Para afrontar a instalación deste sistema de calefacción máis ecolóxico e reducir deste xeito o consumo dos combustibles fósiles, Alvarella Ecoturismo ten concedida unha subvención solicitada a través do INEGA, por valor de 12.876,73 euros.




